Saltar ao contido principal

QUE SON OS POLOS CREATIVOS?



Os Polos creativos son espazos físicos creados no colexio cun equipamento especial, innovador, e organizado  para o fomento da creatividade e a aprendizaxe competencial. É un espazo para a  aprendizaxe activa e manipulativa baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Estes espazos dinamizan actividades de tipo obradoiro tanto para o mestres como para o alumnado e as familias. Tamén realizaranse proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción, prácticas de investigación e proxectos baseados en problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala. Traballarase a intelixencia artificial e outras tecnoloxías , o  audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras. 

Serán, espazos abertos para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas, e ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTREVISTA A IÑAKI

Na seguinte ligazón podedes escoitar a Sindo, Laura, Ainhara e Ricardo entrevistando a Iñaki explicando o que son os polos creativos, os proxectos que se están a facer e os que se van facer ao longo do curso

QUE É O KAPLA?

Durante unha viaxe ao sur de Francia a finais dos anos 60, Tom van der Bruggen enamorouse dunha granxa en ruínas e decidiu convertirla nun castelo Para visualizar o seu proxecto, intentou facer unha maqueta con bloques de madeira. Sen embargo, estes bloques eran demasiado grandes para construír un modelo preciso y realista. Entón decidiu crear os seus  propios elementos de construcción. Así naceu a tablilla máxica KAPLA, que  che permite construílo todo! Tom chamouna KAPLA por KAbouter PLAnkje : «tabliña de trasno» en holandés.