Saltar ao contido principal

ENTREVISTA A IÑAKI




Na seguinte ligazón podedes escoitar a Sindo, Laura, Ainhara e Ricardo entrevistando a Iñaki explicando o que son os polos creativos, os proxectos que se están a facer e os que se van facer ao longo do curso



Comentarios

Publicacións populares deste blog

QUE SON OS POLOS CREATIVOS?

Os Polos creativos son espazos físicos creados no colexio cun equipamento especial, innovador, e organizado  para o fomento da creatividade e a aprendizaxe competencial. É un espazo para a  aprendizaxe activa e manipulativa baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais. Estes espazos dinamizan actividades de tipo obradoiro tanto para o mestres como para o alumnado e as familias. Tamén realizaranse proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción, prácticas de investigación e proxectos baseados en problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala. Traballarase a intelixencia artificial e outras tecnoloxías , o  audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.  Serán, espazos abertos para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e cie...

A TORRE DE PISA

  Hoxe quero contarvos unha historia realmente fascinante sobre unha das torres máis famosas do mundo: a Torre de Pisa! Algunha vez te preguntaches  por que é tan especial e, sobre todo, por que está toda torta? Pois prepárate para descubrir! A Torre de Pisa está torta porque foi construída nun terreo moi brando. Hai moito tempo, o lugar onde agora está a Torre era un pantano. O chan está feito de area de río e limo, que é moi brando e non pode soportar ben o peso dunha estrutura tan grande e pesada. Por iso, mentres se construía, a torre comezou a inclinarse. A Torre de Pisa mide 58,36 metros de altura e pesa 14.453 toneladas. Forma parte dun gran proxecto construtivo iniciado grazas ás riquezas que a cidade de Pisa obtivo durante as súas aventuras militares. Suponse que a torre era o campanario do Duomo, é dicir, da catedral de Pisa, e tiña forma cilíndrica en lugar de cadrada, algo inusual. Os arquitectos Diotisalvi e Buschetto decidiron construír a torre un pouco lonxe do...

PROXECTO TORRES FAMOSAS

O primeiro proxecto que estamos a facer co Kapla é representar algunhas das torres máis famosas do mundo . Puxemos en común as nosas ideas para saber cantas desas torres coñeciamos e a continuación as representamos en diferentes debuxos. Aquí podedes ver algúns deles. O seguinte paso foi a construción das torres. O proceso é lento e laborioso, pero conseguimos facelas; incluída a Torre de Pisa coa súa característica inclinación.  Gústanos moito traballar co Kapla, xa que nos axuda a desenvolver a nosas habilidades coas mans e as nosas ideas.