Os Polos creativos son espazos físicos creados no colexio cun equipamento especial, innovador, e organizado para o fomento da creatividade e a aprendizaxe competencial. É un espazo para a aprendizaxe activa e manipulativa baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais. Estes espazos dinamizan actividades de tipo obradoiro tanto para o mestres como para o alumnado e as familias. Tamén realizaranse proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción, prácticas de investigación e proxectos baseados en problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala. Traballarase a intelixencia artificial e outras tecnoloxías , o audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras. Serán, espazos abertos para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e cie...
Comentarios
Publicar un comentario